Só un 46% das notas que se emiten cada ano na Facultade de Físicas de Compostela son aptas, segundo sinala hoxe “La Voz de Galicia”. No extremo contrario, figura Ciencias da Comunicación, con case un 89% de aprobados. Outras carreiras difíciles de sacar son Empresariais, Económicas, Filosofía ou Farmacia, mentres que entre as que teñen máis éxitos están Mediciña, Educación Social, Odontoloxía e Psicopedagoxía. Segundo datos da Conferencia de Rectores, a nota de corte para entrar nunha carreira está directamente relacionada co índice de aprobados da titulación.
Máis información sobre os índices de aprobados e sobre sobre as causas en La Voz de Galicia
