Fernando Redondo faise co Reimóndez Portela de xornalismo

Presentou un artigo sobre o novo cinema galego

O artigo "Derivas e encrucilladas do novo cinema galego", publicado na revista Tempos Novos, valeulle a Fernando Redondo, profesor na Facultade de CC. da Comunicación, para ser galardoado co premio xornalístico Reimóndez Portela, dotado con 1000 euros. O premio, na súa vixésima terceira edición, será entregado no transcurso da 32ª Feira do moble de Galicia. O xurado valorou do texto "a impecable redacción e plantexamento, sendo preciso e concreto, ben informado e moi documentado".