Charo Pita convídanos a pasear No país do vento

A cantante achega trece cancións no seu primeiro álbum en solitario

Logo de se estrear con Xoán Curial en Estamos no verán!!, Charo Pita inicia a súa carreira en solitario no campo da música para as crianzas. No país do vento, publicado por Galaxia na editorial Sonárbore achega unha serie de personaxes e de obxectos con cadansúa historia. A científica incorrixible, O pato Simón, As campás ou A familia papaventos danse cita nun libro-CD que conta con ilustracións de Óscar Villán. O proxecto, cun total de trece temas, conta ademais con material extra dispoñible no web de Galaxia.