Eva Fernández, Puerta Sur, Raynald Colom ou Miguel Lamas protagonizan o II Jazz de Ría

Ferrol e Mugardos acollen este festival entre os vindeiros 13 e 19 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Eva Fernández, Puerta Sur, Raynald Colom ou Miguel Lamas protagonizan o II Jazz de Ría

A lancha que fai o traxecto Mugardos-Ferrol serviu o pasado venres para presentar a segunda edición de Jazz de Ría. Este festival que coorganizan as dúas localidades conta no seu novo cartel con nomes como Eva Fernández, Puerta Sur, Raynald Colom, Miguel Lamas & Jorge Vera, Low Bay Hot Band ou Abe Rábade, que actuarán entre os días 13 e 19 de agosto. Un obradoiro de jazz para crianzas, outro de improvisación para voces e outro de Lindy Hop a cargo do grupo de baile Swing On Vigo, fan parte dun programa no que todas as actividades son abertas e de balde. Como novidade, o evento incorpora este ano o Castelo de San Felipe aos seus escenarios, e mantén ademais a lancha, os peiraos das dúas cidades, o Cantón de Cora de Mugardos e a Praza Vella e o Baluarte de Ferrol.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Ferrol, Mugardos, Abe Rábade...