A Fundación Laxeiro inaugura hoxe unha nova mostra sobre o artista plástico na que amosa unha faciana diferente á habitual a través dos traballos de humor gráfico que o levou a cabo o lalinense entre 1928 e 1930. A exposición Os monos de Laxeiro, obra humorÃstica na prensa, presenta as 49 viñetas de humor gráfico que o artista José Otero Abeledo publicou nos medios impresos eses anos. Por vez primeira poden verse xuntas todas as viñetas humorÃsticas que Laxeiro publicou na prensa, en concreto, nos xornais El pueblo gallego e Faro de Vigo. Con motivo desta iniciativa, a editorial Laiovento, publica o libro homónimo, no que reproduce a totalidade das viñetas acompañadas ademais con textos asinados polo porfesor Manuel Igrexas -comisario da exposición-, Félix Caballero e Javier Pérez Buján. Debido a que os debuxos orixinais están perdidos, optouse por facer reproducións fotográficas, tomadas directamente das páxinas dos periódicos, grazas á colaboración de Faro de Vigo e do Arquivo Municipal de Vigo, que posibilitaron acceder á documentación orixinal para poder asà reproducir cada viñeta do xeito máis fiel posible.