O Concello Pontevedrés de Bueu une o seu nome ao dos circuÃtos de jazz coa presentación do que será o seu primeiro festival internacional deste xénero. A Asociación de Jazz de Bueu corre coa coidada organización do I Festival de Jazz de Bueu que se celebrará do 7 ao 10 de xuño en diversas localizacións da vila morracense. O evento consistirá en diversas actividades, cinco concertos, e dúas jam sessions con horarios que cubren as xornadas desde o mediodÃa ata a noite. A participación internacional será dun 11%, con músicos de tres nacionalidades, o baterista iranà Shayan Fathi, o baixista holandés Felix Barth e o saxofonista italiano Rosollino Marinello. Outro 11% son de diferentes comunidades da PenÃnsula, dando especial protagonismo aos músicos galegos, que suporán o 78% dos participantes do festival con nomes que será cabezas do cartel como o guitarrista Virxilio da Silva presentando JUZZ, o novo proxecto musical que lidera. O saxofonista gaditano Antonio Lzina e o seu grupo son outro dos nomes destacados do cartel.