A RAG fai público o fondo de María Victoria Moreno da Asociación O Facho

O volume recolle cartas, mecanoscritos de relatos e artigos de prensa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Fotografía do arquivo familia de María Victoria Moreno

Fotografía do arquivo familia de María Victoria Moreno

O web da Real Academia Galega fixo lanzou esta semana unha publicación na que se compilan os fondos da Agrupación Cultural O Facho vencellados con María Victoria Moreno, a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas. Cartas manuscritas, mecanoscritos de relatos ou artigos publicados en prensa preséntanse dixitalizados e accesibles ao público. Este fondo amosa o "seu coñecemento da realidade sociolingüística do momento e das dificultades que sufría, como tantas escritoras, para conciliar a vida familiar coa escrita e o activismo cultural" e a súa preocupación por problemáticas como a diglosia, "a permeabilización" do galego por parte do castelán, o papel de axentes como a escola, a igrexa, a administración e os medios de comunicación e mesmo a "responsabilidade da muller" na transmisión interxeracional do idioma galego.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Victoria Moreno, Día das Letras Galegas, Medios de comunicación, Real Academia Galega...