Daniel Asorey gaña o Nélida Piñón de Relato

Está convocado polo concello de Cerdedo-Cotobade

O profesor e escritor Daniel Asorey, co relato Anatema foi o gañador da II edición do Premio de Relato Breve Nélida Piñón que convoca o concello de Cercedo-Cotobade, xunto coa Xunta e a Deputación de Pontevedra. O relato de Asorey destaca segundo o xurado "pola arquitectura da trama" ambientada nunha Compostela “dunha nova dimensión que transcende a realidade”. Este ano tamén se concederon dous áccesits a relatos de Rosendo Cid e Xesús Fraga.