Quiosco: Cuadrante, 35

A pegada catalá en Arousa e

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Fundación Granell, en Santiago de Compostela, acollía onte a presentación pública do número 35 da revista Cuadrante, que edita a Asociación de Amigos de Valle-Inclán. A entrega recolle achegas de Amparo Latorre e José M. Paz Gago directores científicos do simposio Valle-Inclán, misticismo, realismo y realidad, sobre as adaptacións operísticas do autor e reflexións sobre a súa estética. Canda a eles, Alicia Padín Buceta afonda nas raíces do autor, Ricard Cantano i Carballo aborda o renacemento catalán do século XVIII mentres Joan Ballart Clos fala das familias Goday e Llauger, con grande pegada na vila orixinaria de Valle-Inclán. A entrega está dispoñible no web da asociación editora.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Cuadrante número 22

A entrega aborda o último ano de vida de Valle-Inclán en Compostela ou a música inspirada na súa obra

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arousa, Renacemento, Santiago de Compostela, Carballo...