A Biblioteca Municipal de VerÃn é unha das tres elixidas en toda España como mellor proxecto de animación á lectura e merecedora dun premio en metálico. Asà o decidiu onte a Comisión de Valoración da XVIII Campaña de Animación á Lectura MarÃa Moliner, convocada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e la Fundación Coca-Cola.
VerÃn conseguiu o Premio MarÃa Moliner ao mellor proxecto de animación á lectura en municipios de entre 5.001 e 20.000 habitantes, polo seu Voluntariado cultural con chic@s para o fomento da lectura. Un proxecto consolidado, que xurdiu fai nove anos e que comprende un gran número de actividades grazas á colaboración do voluntariado xuvenil. Ademais o proxecto de VerÃn destaca pola súa relación transfronteiriza levando as actividades da biblioteca a aldeas cercanas de Portugal asà como polas súas actividades interxeracionais e con colectivos en risco de exclusión social.
Catorce mencións para outras bibliotecas
Ademais deste premio a presente campaña de animación á lectura MarÃa Moliner tamén quixo recoñecer coas súas mencións especiais, que comportan un premio en forma de fondos bibliográficos, a outras catorce bibliotecas na nosa comunidade. As bibliotecas de Pereiro de Aguiar, Carballo, Ares, Oleiros, Ortigueira, O Saviñao, Xermade, Sober, Cuntis , O Gorve, O Porriño, Pazos de Borben e Redondela tamén foron recoñecidas polas súas actividades e programas de fomento da lectura.