O Festival de Poesía do Condado inicia a súa XXXI xeira

Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Vítor Vaqueiro ou Rebeca Baceiredo participan no encontro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Festival de Poesía do Condado inicia a súa XXXI xeira

Marilar Aleixandre, Francisco Xosé Fernández Naval, Fran Alonso, Marga Tojo, Míriam Ferradáns, Lorena Conde, Vitor Vaqueiro, Rebeca Baceiredo, Catarina Fernandes ou o Comando Esbardalle son algúns dos nomes que protagonizan a 31 edición do Festival de Poesía do Condado, que comeza hoxe a súa programacio´n. Canda aos recitais poético, o programa inclúe, como é habitual, mercado, zona de campismo ou exposicións, desta volta a cargo de Núria Figueiredo, ClaraNão ou Mariana Malhão entre outras. A nivel musical, estarán presentes, entre hoxe e mañá, o Coro Fuscalheiro, Bigote Mix, De outra margem, Esposa, Os Diplomáticos de Monte Alto ou Sacha na horta. Limiar Teatro achegará a súa montaxe Lingua de contrabando e Diana Gonçalves presentará no evento o seu audiovisual Mulheres da Raia.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Rebeca Baceiredo, Marilar Aleixandre, Fran Alonso...