María Varela leva o Premio de Xornalismo Fernández del Riego

Miguel Anxo Murado obtivo o Julio Camba para artigos en castelán

Cóxegas e tartas é o título do artigo publicado no Diario de Pontevedra co que a xornalista María Varela se impuxo no XIV Premio de Xornalismo Fernández del Riego. O galardón que recoñece os traballos publicados na nosa lingua, está dotado con 6.000 euros e convócao Afundación en colaboración co Ámbito Cultural El Corte Inglés. O xurado, que presidiu o escritor Alfredo Conde, destacou a "aposta de futuro" que realiza o texto premiado. En paralelo, o XXXVIII premio Julio Camba, tamén organizado por estas entidades e que recoñece artigos xornalísticos en castelán, foi para Miguel Anxo Murado polo traballo El cedazo de los días que viu a luz en La Voz de Galicia.