O Manifest anima Moaña esta Semana Santa

Soziedad Alkohólika, Riot Propaganda ou Ezetaerre fan parte do cartel

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Manifest anima Moaña esta Semana Santa

Moaña vai ter unha Semana Santa movida este ano. A primeira edición do Manifest, os vindeiros 14 e 15 de abril, promenten ritmo e decibelios desde a praia da Xunqueira. Riot Propaganda na primeira xornada e Soziedad Alkohólika na segunda encabezan un cartel de oito grupos que conta tamén con Ezetaerre, Aphonnic, Arrhytmia, Golpe Radikal e Cachas e Cousins, a chegar unha mestura de rap e rock que agarda congregar unha boa cantidade de persoas na vila. Os asistentes con bono contarán con zona de acampada de balde. De xeito paralelo, con anterioridade aos concertos proxectaranse os documentais NOLA?, de Fermín Muguruza sobre Nova Orleans e Camilo: O último guerrilleiro.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Semana Santa, Moaña, Fermín Muguruza, Documentais...