Un estudio de “La Caixa” sitúa a Galicia nos mellores postos de contorno natural e de clima do estado

Galicia no medio

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A Fundación “La Caixa” acaba de facer públicos os seus resultados sobre o contorno natural e o clima. E se hai uns meses daba un suspenso en canto a benestar, os resultados agora son moi positivos. Cun 7,5 Galicia supera a media estatal (nun 5) no índice de seguridade ambiental e un 7 no contorno natural e de clima. Entre os indicadores está a extensión de bosques dos que, precisamente a Consellería, acaba de dar a coñecer o Terceiro Inventario Forestal Nacional, que dá conta de que o bosque autóctono galego medrou un 55% durante a última década.

Máis información sobre o Informe de Benestar de La Caixa en culturagalega.org ; sobre o novo informe na web da Fundación La Caixa e sobre o informe da Consellería de Medio Ambiente

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Fundación La Caixa, Medios de comunicación