Xosé Antonio Perozo asume a presidencia da Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil

A nova directiva conta con representantes das linguas minorizadas do Estado

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Fotografía: Eduardo Castro Bal (Ollo de Vidro-A.C. A. Bóveda) (2012). AELG

Fotografía: Eduardo Castro Bal (Ollo de Vidro-A.C. A. Bóveda) (2012). AELG

O escritor Xosé Antonio Perozo foi escolleito pola Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) para presidir esta entidade nos vindeiros dous anos. Perozo, actual presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix), lidera unha directiva anovada na que se integran os presidentes das asociacións homólogas de linguas minorizadas, e substitúe no cargo a Reina Duarte. Como proxectos para o mandato, o novo presidente prevé continuar con proxectos xa consolidados como o Premio Lazarillo e o Andersen e impulsará novas iniciativas "co obxectivo de situar a literatura infantil e xuvenil no posto relevante que merece dentro do sector do libro, non só pola súa calidade senón tamén pola produtividade e o valor económico que representa e pola cantidade de lectores aos que chega".

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Antonio Perozo, Asociacións, Literatura, GÁLIX

Claves

Protagonistas
Entidades