O primeiro número do novo fanzine en papel Ouve! distribuirase gratuÃtamente durante o festival da candeloria, en Lugo, esta fin de semana. Alén dos 1000 exemplares que se repartirán na Candeloria, tamén se distribuirá por centros sociais e locais do paÃs. GratuÃto, cunha periodicidade trimestral, Ouve! achegaranos a actualidade da música galega. Ouve! nace do traballo de Xose Manuel RodrÃguez, membro da organización do Ponte Louco do Castro de Caldelas, e tamén conta participación de Daniel Lavesedo, un dos fundadores de GZmúsica, e de Paula Fernández. Neste primeiro número conta cun varias colaboración como as de Lety GF, Xabicas e LucÃa Mallo nas fotografÃas e Miguel Duarte, SaÃnza Murias, Brais Arroutado e Antonio Pazos con diversos textos. No seu Editorial este primeiro número preséntase en sociedade declarándose " fillas non recoñecidas da Bravú!, netas guerrilleiras do Cuco de Velle, e irmás pequenas do estourido da música galega do século XXI.” O número Cero inclúe unha entrevista con Os Cuchufellos, a crónica O meu primeiro, un repaso a Os 15 mellores discos da música galega do S. XIX e os textos O ano festivaleiro, Vivimos das subvencións?, Keltoi, sons da rúa e Unha vida en 20Â’Â’