
Outro vigués, o guionista Fernando Llor, está estes dÃas a presentar en Galicia o seu último traballo. Ojos grises, un álbum de 64 páxinas que viu a luz o pasado mes de decembro da man de Panini Cómics, é unha historia ambientada no barcelonés Poble Nou no tempo inmediatamente anterior á Olimpiada. O traballo conta con debuxos de Roger Vidal e con cor de Alex Batlle. Llor está a ultimar ademais Sangre en el suelo, unha banda deseñada de xénero negro na que pon o argumento e traballa con oito autores diferentes. Logo de completar con éxito unha campaña de crowdfunding, o volume verá a luz da man de The Rocketman Project. Ademais, o autor acaba de se incorporar ao cadro de persoal da escola de BD O Garaxe Hermético de Pontevedra como responsable das clases de guión.