O CGAC abre as portas da súa segunda exposición temática da colección do centro

O segundo chanzo do CGAC

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Con “Miradas cómplices” o CGAC abriu unha liña de exposicións de tese, é dicir, que reflexionan sobre unha idea a partir dos fondos propios da súa colección. A segunda recalada nesta liña que pretendía marcar os seus dez anos de andaina é “Xogos de escala”. Unha exposición de corenta pezas coas que pretende promover diferentes percepcións da obra: desde a complicidade á invasión do espacio. Unha mostra que exhibe os traballos de Pérez Vicente, Balkenhol, Frank Thiel ou Mónica Alonso.

Máis información en O Correo Galego e no web do Centro Galego de Arte Contemporánea

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mónica Alonso, Exposicións, O Correo Galego, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)