Quiosco: Revista Galega de Teatro Número 86

A RGT preséntase no marco da Mostra de Teatro Galego de Cariño

A RGT preséntase no marco da Mostra de Teatro Galego de Cariño
O número 86 da Revista Galega de Teatro presentarase hoxe no marco da Mostra de Teatro Galego de Cariño ás 20:30 horas, na Sala de Prensa do Auditorio Municipal. No acto participarán Manuel Xestoso, Subdirector da revista e crítico e máis Fran Godón, dramaturgo e autor do texto "Baile de Sombras" que se publica neste número. Entre o resto dos contidos deste número está a reportaxe 25 anos de Fetén: Nunca deixes de soñar de Xurxo G. Avendaño; María Casares 2016 ou a querela do novo e o vello de Roi Vidal Ponte;e a entrevista a Belén Pichel, Vicente Mohedano e Xesús Ron.