Novos premios e máis proxectos para o ourensán David Rubín.

David Rubín: proxectos e salto á fama

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Logo de acadar un novo premio nas XIII Xornadas de Ourense de Banda Deseñada, David Rubín vén de gañar o concurso para realizar o cartel de Megaxove 2002, feira xuvenil organizada por Expourense.

Novo proxecto de Benlloch e Rubín
1/3
Novo proxecto de Benlloch e Rubín
2/3
Novo proxecto de Benlloch e Rubín
3/3

Entre os membros do xurado, presidido por César Taboada, director da Escola de Arte, estaban presentes los creativos Arsenio Martínez, Javier Bermello eArsenio Nacher; o fotógrafo Belay; Rosa María Seara, de Caixanova; José L. Martínez; José M. Abelleira, de Conéctate a Galicia; Carrera, dibujante y licenciado en Arte; Ricardo Sánchez, da Xunta e Josefa Valado, de Expourense.



Ademais, o autor ourensán é protagonista dunha entrevista publicada recentemente na canle xuvenil de Terra.es dentro dunha reportaxe sobre BD en Galicia e foi chamado a participar o día 17 de decembro noutra entrevista en Radio Voz.



Pero a pesar da súa actualidade mediática, o autor non para de traballar. Para alén do seu traballo na productora de animación Limaía, continúa desenvolvendo varios proxectos. As imaxes que che ofrecemos son unha mostra da novela gráfica de temática fantástica que está a realizar sobre un guión de Kike Benlloch.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Ourense, Feira, Banda deseñada...