O cinema afroamericano é protagonista do Play-Doc de Tui

O festival celébrase do 13 ao 17 de abril

6/4/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Charles Burnett é o protagonista principal este ano do festival de documentais Play-Doc de Tui. O evento tamén publicará a primeira monografía en inglés e español sobre a súa obra e realizará outra retrospectiva sobre Les Blank, A poem is a Naked Person (1974). A selección de documentais galegos constará de dez títulos e haberá seccións monográficas dedicadas ao cine afroamericano e as vangardas iugoslavas dos sesenta e setenta. "Trátase do Play-Doc máis diverso en anos", aseguran desde a organización.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Play-Doc, Cine, Tui, Documentais

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares