A Fundación Reveriano Soutullo recupera 47 partituras do compositor

O achado permite coñecer mellor o primeiro período creativo do músico

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Un total corenta e seis composicións para banda e unha para piano do compositor Reveriano Soutullo acaban de saír á luz da man da fundación que leva o seu nome. A entidade presentaba o pasado venres en Ponteareas este achado que se realizou no arquivo de Xavier Andrés Garrote Covelo. As partituras agora recuperadas son anteriores a 1915, o que permite coñecer máis polo miúdo os inicios compositivos de Soutullo. Segundo informou a Fundación, quedan aínda por recuperar máis de 100 partituras deste histórico compositor

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ponteareas

Claves

Lugares