Convocouse a votación para decidir os gañadores dos premios do XX Saló do Comic de Barcelona.

Pon un galego nos premios do Saló

Ven de convocarse a votación para decidir os gañadores dos premios do XX Saló do Comic de Barcelona.

As categorías destes premios son cinco: Mellor obra estranxeira publicada en España no 2001. Autor revelación do 2001. Mellor guión do 2001. Mellor obra do 2001 e Mellor fanzine do 2001.


As follas para votar enviáronse ós profesionais da banda deseñada (debuxantes, guionistas, editores, libreiros, xornalistas especializados, críticos, colaboradores e editores de fanzines...) que poden responder por correo ordinario, electrónico ou fax, debendo identificarse o votante en todos os casos.
Só se poden votar obras editadas no ano 2001. Onda as bases das votacións, FICOMIC, a empresa que organiza o Saló, envía unha lista orientativa de publicacións deste ano, na cal non aparece ningún dos fanzines nin revistas editados en Galicia. De calquera xeito, as bases sinalan que se poden votar obras que non están presentes nesta lista.


Para subsanar este fallo e permitir a todos afeccionados á BD votar as obras e os autores galegos, de seguido listámosvos as obras de BD editadas no noso país durante o ano 2001. Por favor, se credes que procede incluir algunha outra publicación facédenolo saber mandando aviso a redaccion@culturagalega.org indicando no asunto "premios do Saló de Barcelona". O enderezo de correo-e ó que hai que enviar as votacións é ficomic@retemail.es.



Publicacións galegas de banda deseñada do ano 2001*

*As historias feitas por autores de fóra de Galicia pero divulgadas nalgunha destas publicacións indicámolas coa nota "(traducción)".


"BD BANDA" nº1 (editado por BD Banda)

- "A sombra no aramio" Federico del Barrio (traducción)

- "Solidario Darío" Fernando Ruibal

- "Vladimir e estragón" ("As cousas", "O sitio", "A choiva") Isidro Ferrer (traducción)

- "Abaladoiros do Alén" Kiko da Silva

- "Xunta" e "Polas mulleres" Siro

- "Soidade profana" Raúl (traducción)

- "Marxinal" Kiko da Silva

- "As historias de Alfredo Letrina" Manel Cráneo

- "Tarde de paseo" Xan López Domínguez

- "Os cabezóns" (1ª entrega) Miguel Anxo Robledo

- "Vive la vita" Pepe Carreiro

- "A volta ao cómic" Marcos Paz Navas

- "Mirando cara o val" Fruela Alonso

- "Gastando pista" Alberto Guitián

- "Comida con humor" Pinto&Chinto



"MMMH!!" (editado pola Polaqia)

- 1ª historia (a dos mineiros) Kike Benlloch (guión) + David Rubín (debuxo)

- 2ª historia (a do restaurante chinés) Bernal

- 3ª historia (a dos tellados) Kike Benlloch

- 4ª historia (a do paraugas) Bernal

- 5ª historia (a do coche) Jano

- 6ª historia (a do escritor) Kike Benlloch (guión) + Alberto Vázquez (debuxo)

- 7ª historia (a do sorriso) Kike Benlloch

- 8ª historia (a dos esqueletes) Bernal

- 9ª historia (a das bombillas) Jano



"BD BANDA" nº2 (editado por BD Banda)

- "Limbo" Miguel Porto

- "Bzzzzzzz" Jano

- "Turistas" Fran Bueno Capeáns

- (Sen título) Mariví (guión) + Carrasco (debuxo)

- "Espinha" Kike Benlloch (guión) + Bernal (debuxo)

- "Vivir en suciedade" Kiko da Silva

- (Sen título) Santy Gutiérrez

- "Senén Pedralonga" Manel e Kiko da Silva (guión) + Kiko da Silva (debuxo)

- "Vanessa non é nome de muller" Andrés Meixide

- "Os cabezóns" (2ª entrega) Miguel Anxo Robledo

- "A duda de Héctor" David Rubín

- (Sen título) Raúl (traducción)

- "Mala pata" Kiko da Silva

- "A gruta" Javi Montes



"II CERTAME GALEGO DE IMAXE ARTÍSTICA: BD 2001" (editado pola Consellería de Xuventude da Xunta de Galicia)

- "Algún día" Marcos Calo

- "Desemprego" Bernal

- "Abismo" David Roy Corral

- "O reloxo" Xaquín Manuel Calo

- "Xa chegou o circo" Diego Blanco

- "O dente inflamable" María Rial

- (Sen título) Alberto Guitián

- "Frëda" Alberto Vázquez

- "O frío do lobo" David Rubín

- "A caixa" Jano



"O FANZINE DAS XORNADAS" XIII edición (editado polo Colectivo Phanzynex)

- "Dor de espalda" Javi Montes

- "O consultorio sexual do Doutor Amor" Marcos Calo

Homenaxes a "13, Rúe del Percebe":

- Sergio Covelo

- Alberto Guitián

- Miguel Porto

- Martín

- David Rubín



"SEMANA DA BANDA DESEÑADA" (editado pola Consellería de Xuventude da Xunta de Galicia)

- "Cousas de Raúl" Sergio Covelo

- (Sen título) Manel Cráneo

- (Sen título) Alberto Guitián

- (Sen título) Hugo Covelo

- "Aventura no camiño" Primitivo Marcos

- "Gran irmán" Fernando Ruibal



"COMIKAZE" nº6 (editado por Comikaze)

- (sen título) Julle

- (sen título) Daniel Fontenla

- (sen título) Juancho

- "Huevo mecánico" Tury

- "Saving egg Ryan" Sergio Covelo

- "La ida de huevo" Javi Vidal

- (sen título) Carlos Llauger

- "El negocio" Isidoro

- (sen título) Penabella

- "Fillo de pita" Javi Prieto

- "El enigmático y estúpido mundo de las cucarachas" Javi Prieto

- (sen título) Eloy

- "Cans preguiceiros" Eloy

- "O amoto" Moncho

- "Tensión anal" A.Urbano



"GOLFIÑO" nº11 a nº14 (editado por Edicións Xerais)

Nos números desta revista editados no ano 2001 colaboraron habitualmente estes autores realizando cadansúa serie.Entre parénteses reséñanse os títulos de cada capítulo no caso de que o teñan.

- "Os Tronantes" Abraldes

- "Superpoor" Pepe Carreiro

- "Capitán Lixo" Alberto V. Ferreiro

- "Palleiro" Xaquín Marín

- "Golfiño" Fausto Isorna

- "Os Escachapedras" Fran Bueno Capeáns

- "O nacemento do Castelo Regadeira" (capítulos I a IV) Norberto Fernández

- "Os armigos de Archimboldo Roque" ("A historia de Nono Chapeu", "Otina Nubem", "Aldau, a gaivota paseanta", "O concurso de lanza") Jacobo Fernández

- "Luzbell" Diego Rosales (guión) + José Tomás (debuxo)

- "A escola de Vilaverzas" Miguel Robledo

- "A fraga Milmañas" Carlos Amil (guión) + Manel Cráneo (debuxo)

- "Tom" Andrés Meixide

- "Tonecho" Xaquín Marín