O acordeón de Andrés Penabad volta con Bipolar

As Pontes e Arzúa acollen esta fin de semana os primeiros concertos de presentación

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O acordeón de Andrés Penabad volta con Bipolar

É o único acordeonista folk galego que apostou por unha carreira en solitario. A apontoar esa traxectoria, Andrés Penabad acaba de presentar Bipolar, o seu segundo traballo. O disco recolle dez cortes nos que se mesturan composicións do propio Penabad, temas feitos por Fernando Barroso e dúas pezas tradicionais. O proxecto contou con colaboracións das cantareiras Lilaina e de Pablo Vergara, Ramón Dopico e Álvaro Trillo nas percusións. Un concerto este sábado ás 21 horas no Auditorio Municipal Cine Alovi marcará o comezo da xira de presentación, que o levará este mesmo domingo á Arzúa, onde o acordeonista actuará na Festa do Queixo contra as seis das tarde..

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arzúa, As Pontes, Cortes, Cine...

Claves

Conceptos
Lugares