Obradoiros e encontros conmemoran o Día da Ilustración

Celébrase o sábado 30 con actividades nas bibliotecas do país

Este sábado 30 de xaneiro celébras en toda Galicia o Día da Ilustración. Para conmemorar esta data, que coincide co nacemento de Castelao, bibliotecas de todo o país desenvolven actividades xa desde este xoves 28. O programa que desenvolve a Consellaría de Cultura nestes centros inclúen obradoiros, exposicións, presentacións de obras e encontros con ilustradores e ilustradoras. Jaime Asensi, Noemí López, a Asociación Chéspir, Aurora López, Óscar Villán ou Ángela Curro entre outros. En Compostela, as actividades terán como protagonista a Eugenio Granell, mentres en Pontevedra xirarán arredor de Luís Seoane. A coincidir coa efeméride, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración presentará o seu catálogo Novas olladas sobre os clásicos universais, xunto co proxecto Guía Ninja do Ilustrador.