Chegan Os Modernos con Dissimulem

A orquestra presenta o seu primeiro traballo discográfico

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Chegan Os Modernos con Dissimulem

Logo de percorrer durante varios anos a nosa xeografía a amosar o seu son de verbena dos anos vinte, a Orquestra Os Modernos presentou no pasado Culturgal o seu primeiro traballo discográfico. Dissimulem. A banda está composta por Xosé Tunhas na bateria, Joám Casas ao clarinete e gaita, Alonso Caxade co trombón, Martín Nogueira á trompeta, Paco Nogueiras a cargo do acordeón, Alberto Rodríguez como Contrabaixo e Íria Pinheiro no rol de cantante e diva. No seu repertorio, fox-trot, baião, bolero, habanera, corrido, rumba ou mazurca, a propor temas populares e versións de temas populares galegos. O álbum, gravado nos estudios A Ponte de Tomás Adeitos, foi autoeditado pola banda.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paco Nogueiras, Caxade, Xeografía, Culturgal

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos