Para alén da súa importancia crucial na banda deseñada galega, XaquÃn MarÃn destaca de xeito particular como o grande renovador do noso humor gráfico. Un estilo propio que deveu nunha auténtica icona cultural, colaboracións internacionais e un intenso labor dinamizador amosan un creador complexo e dunha importancia crucial neste ámbito. Félix Caballero presentaba o pasado mes de outubro a súa tese sobre este creador. Falamos con el sobre as claves dun personaxe fundamental para entendermos a cultura do paÃs das últimas décadas
Un estilo inconfundible e fondamente arraigado na nosa cultura. Temas recorrentes que trazan un retrato da evolución de Galicia deste o último terzo do século XX. Personaxes inesquecibles. Unha creación masiva que deveu en parte do imaxinario común do paÃs. Félix Caballero, autor de análises previos sobre o humor en Galicia, abordou na súa tese o papel dun creador inigualable que define como "o maior humorista gráfico galego desde Castelao". XaquÃn MarÃn, innovación e tradición no humor gráfico galego é un traballo pioneiro que nos permite entender a importancia dun traballo aÃnda pendente de recoñecemento.
Por que o teu interese en XaquÃn MarÃn?
Primeiro de todo foi por afinidade persoal, porque me gusta moito o seu traballo. Se vas traballar durante tres anos nun asunto e non tes un auténtico apaixonamento por el, mala cousa. En segundo lugar, supuña, e coa tese puiden confirmalo, que XaquÃn MarÃn era un dos humoristas gráficos galegos máis importantes de todos os tempos, cando menos desde a guerra. É un humorista fundamental polas innovacións que introduciu e tamén pola filosofÃa que hai detrás dos seus debuxos.
Unha caracterÃstica fundamental de MarÃn é o seu estilo gráfico. Como se pode definir?
Xa o creou ao comezo da súa carreira, cara a 1970. FÃxoo primeiro de xeito máis intuitivo e, despois de se atopar con Reimundo Patiño, de maneira plenamente consciente. Trátase dun estilo moi orixinal e ao tempo moi galego, que enraÃza ben de lonxe con toda a tradición estética galega previa. Tanto el como Patiño ou Seoane asà o cren, e pódense atopar trazas desta liña na pintura e na escultura previas, especialmente no románico e no barroco. Xa no século XX enlaza co traballo do grupo pictórico de Os Novos, con nomes como Maside, Souto ou o propio Seoane.
Como constantes estilÃsticas, podemos mencionar catro caracterÃsticas que recupera na súa obra. Primeiro está o hieratismo das figuras, a estética do granito. MarÃn sempre fixo figuras sólidas que parecen sacadas dos frisos románicos. Despois atópanse as formas redondeadas, e un movemento continuo e entrelazado que está en toda a súa obra. Isto atópase mesmo nos textos dos cadriños, durante moitos anos MarÃn unÃa os trazos das letras e das liñas de texto a darlles movemento. Un cuarto risco é o horror vacui, mesmo nos cadriños da prensa vese un amoreamento das formas que combina con volumes simétricos. En moitos casos emprega composicións nas que os lados teñen máis forza plástica do que o centro, onde sitúa o globo co texto. Este é unha organización que pode lembrar un V e que tamén está moi presente en pintores como Maside ou Laxeiro.
En xeral destaca a súa intención de facer arte en cada traballo, mesmo no humor gráfico. Isto non sempre é posible, sobre todo cando fas un cadriño diario, pero esta vontade pódese atopar sempre. Detéctase sobre todo nas viñetas mudas, que se basean máis na forza do debuxo e nas súas colaboración en publicacións non diarias, onde amosa o seu talento e crea auténticas obras de arte. Este estilo vai alén do humor gráfico, emprégao tamén para ilustración, cómic ou cartel, e eu penso que permeou na cultura do paÃs.
Houbo evolucións nese estilo?
A nivel formal hai dúas caracterÃsticas evidentes que mudan. A primeira é que nos últimos tempos introduciu a cor, ao comezo con varias técnicas pero sobre todo a través da acuarela lÃquida. Con este sistema fixo cadriños en tamaño xigante para exposicións e conseguiu resultados impactantes. Hoxe en dÃa emprega cor dixital na viñeta que fai en La Voz, xa cunha concepción moi diferente. A segunda grande mudanza é que os cadriños que fai para publicar a diario perderon barroquismo por razóns obvias de tempo e simplificáronse os elementos principais.
Alén do gráfico, cales son os temas máis caracterÃsticos de MarÃn?
A nivel formal é o maior innovador no humor gráfico desde Castelao. A diferenza deste, que fixo escola, MarÃn non ten imitadores. Pero a nivel de contido tampouco hai ninguén, de novo desde Castelao, que fixese unha obra como a súa. El constrúe unha crónica da Galicia do seu tempo como ninguén fixo. En xeral non trata nos seus cadriños as novas diarios, senón que aborda uns temas atemporais que basicamente falan das grandes mudanzas do paÃs ao longo destas décadas. No seu traballo hai toda unha ética e un compromiso ideolóxico con Galicia, coa súa lingua, coa cultura e a identidade nacional. Isto exprésase por un feixe de temas que repite como verdadeiras teimas e que en xeral teñen que ver con dous asuntos básicos, que son o abuso do poder e mais a perda da identidade colectiva. Na tese menciono como cuestións recorrentes o caciquismo, a corrupción, o machismo, a guerra, o racismo, o abuso do poder, a emigración, os atrancos á lingua, a perda da cultura tradicional e do mundo rural, a destrución do medio ambiente, o afastamento dos vellos e os excesos da tecnoloxÃa. En xeral, fai unha crónica de Galicia como ninguén fixo. Cóntanos a historia dun paÃs que está a perder as súas esencias, a lingua, o medio ambiente, o rural, en nome do que el considera que é un falso progreso. Non é un fundamentalista que queira volver ao paÃs de hai sesenta anos, o que di é que este inevitable proceso de urbanización deberÃa terse feito doutro xeito.
Polo xeral o universo temático que tiña hai 40 anos non mudou moito e segue preocupado polas mesmas cuestións, aÃnda que hai algunhas que dependen das épocas. A emigración era un tema maioritario nos 70 e nos primeiros 80, logo foi perdendo peso ata case desaparecer a coincidir cos anos en que a xente deixou de emigrar. Agora o fenómeno volveu con forza e protagoniza de novo moitos cadriños. Pola contra, un tema como o da lingua está tan presente hoxe como hai 40 anos, e polo que di nos cadriños, MarÃn e bastante pesimista nesta cuestión.
Ademais dos temas, falamos dun autor que emprega toda unha serie de sÃmbolos recorrentes nos seus cadriños. Cales son os principais?
Practicamente todos estes temas se vencellan cunha serie de arquetipos e sÃmbolos moi poderosos desde o punto de vista plástico. Por exemplo están as moreas de lixo, auténticas montañas e mares que a miúdo son de lixo tecnolóxico cando aborda os excesos da tecnoloxÃa e do consumismo. Na cuestión da lingua debuxa moito a lingua fÃsica como sÃmbolo do idioma galego. Está tamén o arquetipo do emigrante, que debuxa como un paisano con boina e cunha maleta que habitualmente sae de costas e aparece en grupo. Tamén está o cacique que debuxa igual desde hai corenta anos, con chapeu, lentes de sol, traxe e gravata.
No entanto, o pé é o seu sÃmbolo máis intemporal e universal, asà como un dos máis plásticos e poderosos. Emprégao para falar do caciquismo e do abuso do poder, e é dos máis antigos. Comezou a debuxalo na no 72 en La Codorniz. Naquel momento simbolizaba o réxime franquista, pero logo significou moitas outras cousas. Segundo o contexto pode ser a opresión polÃtica, a institución familiar, ou a do xefe na empresa. Vén significar que todos pisamos e somos pisados. Paréceme moi interesante porque centra a súa atención nos esmagados que tentan facer a súa vida como se non pasase moita cousa debaixo do pé. Eles son os protagonistas.
Ademais dos sÃmbolos, MarÃn empregou tamén personaxes coas súas propias seres, cales foron?
Fixo tres cativos: Gaspariño, Lixandre e Tonecho. O que máis durou e tivo máis éxito foi Gaspariño. Logo está Don Augusto, un cacique de debuxou para A Nosa Terra. Con este nome non durou moito, pero o feitÃo é o dese cacique que xa debuxaba anteriormente e que seguiu empregando despois. Entón, aÃnda sen ese nome, é un personaxe que tamén perdurou, mesmo aparece na serie o O lecer de Isolino, que aÃnda publica hoxe en La Voz de Galicia. Co pé, estes son o seus personaxes máis importantes. Penso que Isolino é un vello de cidade que puido perfectamente ser Gaspariño, un neno de aldea, na súa nenez. Representa o caso da maiorÃa dos galegos. É certo que hoxe MarÃn ten máis de setenta anos e mira a vida un pouco como a mira Isolino, pero no personaxe está tamén Gaspariño.
Cales son as caracterÃsticas esenciais do seu humor?
Na tese fago unha proposta que poder resultar polémica, e é que defino o humorismo de MarÃn como sarcástico. Xa hai quen me ten dito que non está de acordo, pero realmente isto depende do que entendamos por sarcasmo. En xeral é algo que se vencella á sátira, entendendo que o autor se pon por riba do outro para atacalo ou ridiculizalo, e iso é algo que XaquÃn MarÃn non fai. Fernández de La Vega, que é o grande teórico do humorismo galego e a quen a miña tese lle debe moito, divide o humor entre benévolo e sarcástico. E nese sentido, o de MarÃn si é sarcástico, é o humor de rir por non chorar, que serve como defensa ante as adversidades. Nos seus cadriños non hai unha intención burlesca, senón que pretende dar toques de atención sobre cousas que están mal e se poden mellorar. Se entendemos a sátira como sinalar vicios para corrixilos, aà si está MarÃn. Por outra banda fai un humor que, malia a que pode chegar a ser negro, sempre é tenro.
Da inxente produción de MarÃn, destacas algo pendente de recuperar?
Traballou moitÃsimo. Comezou a publicar humor gráfico na revista Chan xa en 1971, e desde aquela pasaron 45 anos. Despois enn 1975 comezou a colaborar en El Ideal Gallego e axiña comezou a facer un cadriño diario, ata hoxe, que continúa en La Voz de Galicia. Logo ten colaborado en máis trinta publicacións, e todo iso é un volume importante, non hai máis que ver todos os libros e as antoloxÃas que ten publicadas para ser facer unha idea da dimensión da súa obra.
Penso que serÃa moi interesante recuperar todo o que fixo para La Codorniz. Con esta revista colaborou máis de cinco anos, con altibaixos, pero houbo momentos nos que publicaba ata catro ou cinco cadriños no mesmo número. Logo penso que tamén é curioso o libro Alcacén para gaitas, que foi a súa primeira escolma e recolle cadriños da súa etapa en El Ideal Gallego. Esta produción foise esquecendo un pouco cos anos, e o mesmo serÃa interesante voltar os ollos a ela porque hai algunhas cousas curiosas que recuperar.
Alén do seu traballo artÃstico, MarÃn tamén destacou polo seu labor como divulgador e impulsor do humor gráfico.
É moi curiosa a relación entre Siro e XaquÃn MarÃn. Levaron carreiras profesionais paralelas desde o momento mesmo no que nacerno, no mesmo ano, 1943, e no mesmo barrio de Esteiro, en Ferrol. Estas carreiras moitas veces cruzáronse en iniciativas conxuntas, tamén á hora de abordar a vertente teórica sobre humor. Isto está mais acentuado no caso de Siro, que é o grande teórico do humor das últimas décadas en Galicia. MarÃn tamén ten feito a súa reflexión, pero sobre todo ten un labor de promoción e difusión, centrado no Museo do Humor de Fene, que aÃnda non está abondo recoñecido. Para alén de ser o primeiro centro da PenÃnsula do seu tipo, cando naceu non haberÃa no mundo máis de 20 centros destas caracterÃsticas. E logo, tendo en conta que é un lugar pequeno nunha vila pequena, conseguiu unha importante repercusión tradicional. Agora semella que está a haber un esforzo do concello para o reactivas.
Como marcou XaquÃn MarÃn o humor gráfico contemporáneo do paÃs?
Non ten seguidores directos, é moi difÃcil facer o que fai el. Conseguiu un estilo moi galego e ao tempo moi persoal. AÃnda que facer unha imitación superficial serÃa posible, axiña calquera se darÃa de conta de que é algo diferente. Malia a isto, si que deixou pegada, tanto pola recuperación dunha estética galega como pola súa vontade de excelencia artÃstica, que era inaudita no humor gráfico de prensa. De xeito indirecto, esta tese quere pór de manifesto a recuperación que se deu do humor gráfico galego a partir de 1970. Nos 80 comezou unha das etapas máis brillantes do xénero en Galicia con nomes como Siro, Chichi Campos, Xosé Lois, Gogue, Pepe Carreiro ou Quesada.
Algunha cuestión que queiras engadir?
Algo que menciono na tese e que me chama a atención é a desubicacion actual da viñeta de MarÃn en La Voz de Galicia. Desde hai anos aparece na sección de pasatempos porque non sabÃan on de pór. Non ha espazo en opinión desde que entraron Pinto e Chinto, e incluÃla en Galicia ou en Sociedade obrigarÃa a MarÃn practicamente a facer o cadriño sobre a nova do dÃa. Pero penso que pasatempos non é o lugar axeitado para un xenio do humor gráfico como el nin en xeral para os cadriños, que hoxe se entende como un exercicio de xornalismo de opinión.

A nivel formal, MarÃn é o maior innovador do humor gráfico galego desde Castelao

MarÃn emprega unha serie de arquetipos e sÃmbolos moi poderosos desde o punto de vista plástico

MarÃn ten un labor de promoción e difusión que non está abondo recoñecido