Tatán Cunha pasa da escena á canción con Chapeu

Achega unha ducia de composicións cheas de imaxes teatrais no seu primeiro disco

9/12/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

É máis coñecido polo seu traballo de anos en Títeres Tanxarina, pero Tatán R. Cunha atrévese a ampliar horizontes e acaba de presentar a súa primeira incursión no mundo da música. Chapeu é o nome do seu primeiro disco, que acaba de presentar no Culturgal e que, segundo explica achega "unha ducia de cancións escritas para contar historias. Fotografías teatrais, o mundo que máis coñezo e co que camiño a miña vida. Un mundo carregado de amizades que me invitan a cantar e a os que admiro e cos que compartín a loucura de crear este proxecto". Tatán non se lanza só nesta aventura, xa que contou con Pablo Vidal e Uxia para a composición e arranxos e con colaboracións como as de Carlos Blanco, Isaac Palacín, Sergio Tannus, Magín Blanco ou Manu Paino entre outros.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Magín Blanco, Carlos Blanco, Culturgal, Tanxarina

Claves

Entidades