Trinta persoas participan no wikimaratón do audiovisual galego

A iniciativa está organizada pola Galipedia e a Academia Galega do Audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Wikimaratón en Pontevedra. Fonte: Academia Galega do Audiovisual

Wikimaratón en Pontevedra. Fonte: Academia Galega do Audiovisual

A Wikipedia é o principal repositorio de contidos do mundo, e o máis visto. Por iso mesmo, trinta persoas fixeron medrar onte o número de entradas sobre o sector audiovisual galego na wikimaratón organizada pola Galipedia e a Academia Galega do Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, en Pontevedra. No traballo práctico, actualizáronse algunhas entradas e iniciáronse outras novas con nomes relacionados co sector audiovisual en Galicia.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual, Universidade de Vigo, Pontevedra