Blanca Riestra gaña o XXVII Premio Torrente Ballester

A novela Greta en su laberinto impúxose entre as 512 obras presentadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A XXVII edición do Premio de Narrativa Gonzalo Torrente Ballester, que convoca a Deputación da Coruña, foi para a autora coruñesa Blanca Riestra. O xurado seleccionou a novela Greta en su laberinto entre as 512 obras presentadas a sinalar que se trata dunha "novela xeracional" na que "a narración realiza unha radiografía das consecuencias ás que podería levar a vida tal como a coñecemos hoxe, rexida pola omnipresente compoñente tecnolóxica que pode chegar a controlala e destruíla. Descríbese un mundo dominado pola rede de redes que se metaforiza aquí en estrutura dominante e ditatorial". O galardón está dotado con 25.000 euros e inclúe a publicación da obra.

Comisariado por Mercedes Monmany, o xurado do Premio Torrente Ballester estivo composto ademais por Amalia Iglesias, Ángel Basanta, José Antonio Ponte Far, José María Pozuelo, José María Paz Gago e Berta Vías Mahou, gañadora da pasada edición. Aínda que as bases do premio aceptan novelas en galego e en castelán, a última obra que resultou premiada na nosa lingua foi O xornalista. A vida do outro de Carlos G. Reigosa, recoñecida en 2008.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Blanca Riestra, Gonzalo Torrente Ballester, Narrativa, Deputación da Coruña...