A Xunta, Caixa Galicia e a CRTVG desenvolven un proxecto para ensinarlles aos rapaces a seren críticos coa televisión

Falar da tele coas palabras contadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Rematar co tópico da televisión como "caixa boba" é un dos principais obxectivos que pretenden conseguir as Consellería de Familia e Educación, Caixa Galicia e a CRTVG. E para iso acaban de presentar un proxecto chamado “51 Palabras para falar da tele” que pretende fomentar unha actitude crítica debatendo sobre 51 conceptos que eles propoñen. Ademais, o proxecto complétase con “O Xogo dos Mirabéns” que é un taboleiro de preguntas referidas a coñecementos técnicos elementais sobre televisión, actitudes e comportamentos.

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Caixa Galicia, Educación, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)