Ourense acolle a nova edición dos Encontros galegos de Podcasting

A cita é no Magma Espacio o sábado 4 a partir das 11 da mañá.

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O "podcasting" ou falangullo (en galego) ten este ano a súa cita anual en Ourense, este sábado 4 de xullo, a partir das 11 da mañá, no Magma Espacio. O obxectivo das xornadas é "coñecerse e interactuar entre as diferentes persoas que fan podcast en Galicia e os/as oíntes que se queiran achegar". O encontro complementarase con obradoiros de personal branding e outro de "cortinillas, ráfagas e promos". Pola tarde haberá directos e gravacións.

Lista de podcasts asistentes (segundo a organización
Esta lista de asistentes é un bo guieiro para coñecer podcasts producidos en Galicia.
-Alt-p . Falangullo no que se fala sobre
tecnoloxía e videoxogos.

-C’mmons baby . Un falangullo sobre músicas distribuidas baixo licenzas *copyleft*.

-La Morsa Era Yo Arquitectura . Un podcast sobre arquitectura, realizado por arquitectos para tódolos públicos.

-Metrópoles Delirantes . Falangullo de banda deseñada.

-Radio Bertoldo . Podcast de tebeos, cómic, bd e novela gráfica.

-Tecnovidas 3.0 . Podcast sobre
tecnoloxía.

-xaZafarrancho Podcast . Un
podcast sobre historia militar.

-Teleadictos. Podcast
dedicado ás series de tv.

-Desde Boxes . Seareiros da Fórmula 1 con
gañas de compartir a afección cos ouvintes.

-No soy un troll. Podcast que trata
sobre outros podcasts.

-Poética Lunik. Falangullo que
mestura a ciencia ficción e a poesía.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Arquitectura, Tecnoloxía, Cómic...