Roberto Sobrado presenta Atlas de Anatomía

O Salón Teatro de Compostela acolle o 11 de xuño un concerto con múltiples convidados

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Roberto Sobrado presenta Atlas de Anatomía

Un concerto por todo o alto, para a que mesmo chegou a convocar un crowdfunding. Esta é a proposta coa que Roberto Sobrado quere presentar, o vindeiro 11 de xuño, o seu novo traballo no Salón Teatro de Compostela. A conmemorar vinte anos no mundo da música, o músico publica o Atlas de Anatomía, quinto disco coa súa banda. Dez temas autoeditados de pop-rock-blues en galego nos que sobrado conta co acompañamento de Rafa Campoy (guitarra eléctrica), Gustavo Fernández (baixo), Germán Daponte (saxo)e Paulo Silva (batería).

O concerto de presentación, que quere ser unha homenaxe a Os Resentidos, contará con membros desta formación como Pablo Vidal, Rubén Losada e Manu Payno, así como de Javier Soto. Outros convidados son Abe Rábade, Carlos Blanco, Xosé Constenla e O Leo e Arremecághona. Temas do grupo vigués mesturados con outros da banda de Sobrado prometen unha celebración única.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anatomía, Teatro, Salón Teatro, Pop...