O equipo que fixo a curtametraxe “Tunel número 20” recollen testemuños en Monforte

Historia e acción

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O accidente acontecido nun túnel da liña Palencia-A Coruña en 1944 no que houbo, segundo a versión oficial 78 mortos e 75 feridos, deu lugar á curtametraxe “Túnel número 20” que obtivo un premio Goya. Agora, o mesmo equipo que a realizou está en Monforte recollendo declaracións das testemuñas para realizar un documental de 55 minutos para televisión. E tamén para televisión é a película “Cota roxa” que se comezará a rodar o vindeiro 28 de marzo en Vigo. O telefilme vai ser elaborado pola productora galega Zenit en colaboración con Fílmax.

Máis información sobre a curtametraxe na edición de hoxe de El Progreso e sobre o telefilme no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
9 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, El Progreso, Faro de Vigo, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares