A asociación Editores Coruñeses organiza a I Xornada da Edición, co obxectivo de "poñer e valor e recoñecer a gran tradición editorial histórica coruñesa". Mañá, mércores 17 de decembro é o día escollido para celebrala e conmemorar o nacemento de Ánxel Casal. A xornada terá unha parte escolar dedicada á ilustración pola mañá e co obradoiro Como se fai un libro, de Mar Pérez Negreira. Ás 13 h. inaugurarase unha exposición sobre edición histórica e pola tarde, a partir das 18 h. celebrarase unha xornada aberta con mesas redondas de editores (os seis de Editores coruñeses) e escritores (Manuel Rivas, Blanca Riestra e Antón Castro). A xornada celébrase no centro Ágora da Coruña.
A edición coruñesa reivindica a súa historia
A I Xornada da Edición celebrarase o mércores 17 de decembro
1 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Entidades
Conceptos