Los Santos atacan con Mátame camión

O novo disco inclúe un insólito achegamento dos de Sada á música tradicional

12/11/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Presentado como "un disco conceptual sobre a figura da muller galega contemporánea do século XXI", o grupo de Sada Los Santos acaba de presentar Mátame camión. O humor máis irreverente e o sarcasmo predominan no segundo traballo da formación, que nos seus trece temas dentro do rexistro do punk rock, cunha mestura de estilos que van do rockabilly ao garage. O disco amosa tamén un curioso achegamento á música tradicional con A cona cantareira, single de presentación do traballo.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sada, Rock, Humor

Claves

Conceptos
Lugares