Se os ingredientes son bos... é o tÃtulo da obra coa que Xulia Vicente obtivo o primeiro premio do certame Xuventude Crea dedicado á Banda Deseñada e dotado con 3.000 euros. A autora, membro do colectivo Fume de Carozo, non estivo soa no palmarés, xa que a súa compañeira neste grupo, Paloma TarrÃo, levou os 1.500 euros do segundo posto do galardón co traballo O pescador de tempos. O terceiro premio foi para Apicultor de homes, de Jose Nuno MartÃns Pinto Fraga. O xurado outorgou tamén senllas mencións de honra a Cynthia Alfonso Barreiro e a Sara Piñeiro Fernández, que completan a listaxe de premiados cunha maior presenza feminina na historia do certame que convoca a ConsellarÃa de Traballo e Benestar.
Xurado e gañadores do Xuventude Crea de Banda Deseñada 2014.