Luar na Lubre conta a historia dos milesians en Torre de Breoghán

Un CD, un documental e un espectáculo compoñen este ambicioso proxecto

28/5/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Os vindeiros 21 e 22 de xuño o Palacio da Ópera da Coruña acolle a estrea do espectáculo Torre de Breoghán. A Orquestra Sinfónica de Galicia colabora con Luar no Lubre no último proxecto deste grupo, que fusiona música e efectos visuais e que busca pórlle música á historia da invasión de Irlanda polos Milesians, descendentes de Breogán. A iniciativa, que conta con arranxos orquestrais de Nani García e escenografía de Franc Aleu, completarase coa gravación dun CD e inclúe tamén a elaboración dun filme que dirixirá Jorge Coira.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Luar, Espectáculo, Luar na Lubre...