A Fundación Rosalía publicará De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro

O libro-CD recolle traballos de poetas actuais sobre versos da autora

A iniciativa De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que desenvolveu o programa Diario Cultural da Radio Galega, terá versión en libro-CD. A Fundación Rosalía anuncia a presentación o vindeiro luns 24, a coincidir co Día de Rosalía, desta publicación, na que se poderán ler e escoitar as creacións que 36 autores do país realizaron a partir dos versos da poeta de Padrón. Luz Pozo Garza, Xulio Valcárcel, María Xosé Queizán, Arturo Casas, Manuel Forcadela, Marilar Aleixandre, Luís González Tosar, Elvira Ribeiro, Cesáreo Sánchez, Claudio Rodríguez Fer, Helena Villar, María Lado, Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, María do Cebreiro, Xabier Cordal, María Reimondez, Manuel Darriba, Yolanda Castaño ou Olalla Cociña son algúns dos autores que participan na iniciativa.