Carlos Núñez repasa o legado celta no seu novo disco

O gaiteiro presentará Inter-Celtic cunha xira por trinta cidades de Estados Unidos

22/1/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Un repaso pola música dos países celtas nun duplo CD. Esta é a proposta que fai Carlos Núñez en Inter-Celtic, o novo disco que acaba de lanzar e que presentará cunha xira por trinta cidades de Estados Unidos entre febreiro e marzo. O traballo conta con colaboracións de músicos como The Chieftains, Altan, Alan Stivell ou Ry Cooder, e achega dezaseis temas entre pezas galegas (Muñeira de Chantada), bretoas Tro Breizh ou irlandesas.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Núñez, Celta, Estados Unidos, Chantada

Claves

Protagonistas
Entidades