Luz Pozo Garza leva o Premio da Cultura Galega ás letras

Abrente, a Fundación Granell, Juan Durán ou a Asociación PuntoGal foron tamén recoñecidos

29/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
23 lecturas | Compartido 0 veces

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2013

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2013 acordou onte os homenaxeados nas oito categorías destes galardóns. Así, a escritora Luz Pozo Garza recibirá o premio na categoría de letras, mentres a Fundación Eugenio Granell foi distinguida no apartado de Artes Plásticas e no campo das artes escénicas elixiuse a asociación Abrente, responsable da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. O compositor Juan Durán polo seu traballo musical,o Castro de Viladonga e o seu museo polo labor a prol do patrimonio, o Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires como mellor inciativa de proxección exterior e Bambú Producciones no apartado audiovisual foron tamén recoñecidos. Como novidade, este ano creouse unha categoría dedicada á lingua, que recaeu na Asociación PuntoGal.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego