Un clásico da nosa música, LuÃs Emilio Batallán, retorna á actualidade discográfica co lanzamento de HabÃa que chegar. Gravado en Cuba, Estados Unidos e Reino Unido, e con produción de Pablo Milanés, o cantautor afástase do seu estilo máis habitual a incorporar ritmos de jazz e latinos. O volume, que sairá á venda o vindeiro mes de novembro, contén temas propios como Viva LalÃn aÃnda que traballa tamén textos de poetas galegos como Cunqueiro ou MarÃa Mariño. Tres concertos en Vigo (16 de outubro), Compostela (17) e Pontevedra (18) serven de presentación deste novo proxecto.