Catro galegos exhiben os seus traballos no Museo do Traxe de Madrid

Fai parte da liña de apoio da Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Son traballos realizados no marco do seu mestrado de Deseño en Pel no Centro Superior de Deseño de Moda de Madrid ao que chegaron grazas ao apoio da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. Os creadores son coñecidos artesáns que levan anos traballando a pel como son Elena Ferro Lamela, de Vila de Cruces, os tudenses Naín Rodríguez Alonso e Isaac Romero Esteras mais o estradense Mario Rodríguez Oca. Como resultado dese traballo, as súas creacións pódense ver ata durante esta semana no Museo do Traxe de Madrid.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Moda, Vila de Cruces, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)