Heredeiros da Crus voltan con Jard Rock con Fe

O disco presentarase en Ordes cun concerto o vindeiro 24 de maio

26/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: música
36 lecturas | Compartido 0 veces

Capa de Jard Rock con fe

A discoteca LP-45 de Ordes, que acolleu no seu día o retorno do grupo aos escenarios, verá o vindeiro 24 de maio a presentación do novo traballo de Heredeiros da Crus. O grupo lanza, da man de Airapro, Jard Rock con fe un disco no que o aseguran manter intacto o estilo que os lanzou á fama hai xa dúas décadas. Está xa dispoñible na rede A Duquesa de Poi, primeiro single do novo traballo que se gravou nos estudios Bruar da Coruña e nas instalacións da Escola Municipal de Música de Boiro. Os interesados en acudir ao concerto poden adquirir xa as entradas a un prezo de 25 euros incluído o CD.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Heredeiros da Crus, Ordes, Boiro

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares