Comeza a novena edición de Redondela en Curto

A cita desenvólvese ata o 28 de abril

25/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Con 16 traballos a competición (elexidos entre máis de 600 títulos presentados) e coa presenza de Xacio Baños (que inclúe o seu traballo Anacos) na sesión de apertura esta noite arrinca a novena edición de Redondela en Curto. O certame, o primeiro en proxectar en HD en Galicia, entregará 1.500 euros en premios (1.000 euros do premio do xurado a mellor traballo de ficción e 500 euros do premio do público). Cada sesión ten un prezo de 3 euros e parte da recadación irá para o clube local de discapacitados intelectuais para participar no campionato de Europa de natación que se celebrará en Portugal.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redondela, Portugal, Europa

Claves