Un centenar de actividades recuperarán a figura de Roberto Vidal Bolaño

Conforma o programa deseñado pola Xunta co gallo do Dïa das Letras Galegas

Foi un ““un anovador esencial, un punto e aparte que marca un novo xeito de abordar un xénero e unha profesión, un autor único e memorable” dixo de Roberto Vidal Bolaño o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Neste ano que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas, a Xunta conformou un programa de actividades centrado na súa figura. E iso implica ás actividades arredor das letras que organiza o goberno galego como concursos de carteis, unha mostra itinerante, actividades de dinamización lingüística e difusión da súa obra nos diferentes niveis e centros educativos. Isto súmase ao xa presentado, ao monográfico sobre a súa figura que centra a programación do Centro Dramático Galego. A actividade central terá lugar o 17 de maio, o Día das Letras Galegas no que a Cidade da Cultura ofrecerá unha intervención de Manuel Manquiña sobre textos de Bolaño e o concerto do grupo Resonet sobre poemas de Rosalía.