A Xunta salda a súa débeda co MARCO e confirma a súa participación neste ano

O orzamento deste ano rondará os 900.000 euros

8/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Malia non asistir á última xuntanza do Padroado do MARCO, a consellaría de Cultura e Educación fará efectiva nos vindeiros días a súa achega relativa a 2012. Así o confirman fontes deste departamento que tamén aseguran que a administración autonómica continuará colaborando con este museo municipal en 2013 con 140.000 euros, tal e como figura nos orzamentos desta entidade. O MARCO asume este ano cunha redución orzamentaria que se notará en todos os aspectos da súa actividade pero que manterá con diferentes estratexias, como rebaixa salarial (dun 25%), adiamento das exposicións (a prevista para xaneiro inaugurarase no mes de marzo) e colaboración con outras entidades.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Exposicións, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)