Mabel Rivera e José Ángel Egido protagonizan novas series para televisión

Son algunhas das aspostas de T5 e TVE desta temporada

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Televisión Española e Telecinco estrean estes días dúas novas series que contarán coa presenza de actores galegos. Dunha banda, Jose Ángel Egido protagoniza El asesinato de Carrero Blanco este thriller que reconstrúe o atentado do militar e político en 1973. Trátase dunha miniserie dirixida por Miguel Bardem. Telecinco tamén estrea Familia, unha comedia sobre os dramas, medos e alegrías que viven os membros dunha saga. Nela Mabel Rivera interpreta a Maria Helena, a matriarca, que é unha exmodelo e exactriz. Esta serie está dirixida por José Ramos Paíno (El Comisario), Ignacio Mercero (Motivos Personales) e Víctor García de León (Vete de Mi). O creador de Cuéntame é o coordinador de guións desta nova aposta.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mabel Rivera, TVE, Comedia, León

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares