Nace Discos da Máquina

A iniciativa reúne a Ataque Escame, Das Kapital e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Logo de Discos da Máquina

Logo de Discos da Máquina

"Un proxecto cooperativo que trata de sumar os esforzos dos grupos para que os resultados poidan lerse en clave de multiplicación". Esta, é aproximadamente, unha definición do que pretende ser Discos da Máquina. A iniciativa, que saía onte á luz, reúne os conxuntos Ataque Escame, Das Kapital e A Magnifique Bande dos Homes sen Medo coa intención de abordar por xunto tarefas de autoxestión e darlle saída aos seus produtos. O proxecto preséntase ao vivo o vindeiro 22 de decembro cun concerto na Sala Capitol. No evento poderá adquirirse o primeiro traballo que xorde no seo desta iniciativa, o EP Noites de agosto con Ataque Escampe.

Os promotores, que apostan pola licencias abertas para o seu traballo, advirten que a iniciativa está diposta a sumar novos participantes. "Os grupos que desexen formar parte teñen que participar dos gastos colectivos e do traballo, pero tamén teñen que gustarnos a nós", aclaran no seu web, e adiantan que a súa intención é estar na rúa, dándolle unha grande importancia aos concertos no seu traballo.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bande, Sala Capitol

Claves

Entidades
Lugares