Mel de Meiga debuta con Crecente

Un concerto no FNAC da Coruña presenta o novo proxecto de Eva Carreras o vindeiro 24 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa de Crecente de Mel de Meiga

Capa de Crecente de Mel de Meiga

Crecente é o título do álbum de debut da formación Mel de Meiga, o novo proxecto musical de Eva Carreras. A cantante, coñecida por ter participado no programa Operación Triunfo, vira a súa carreira cara ao folk cun grupo no que conta con antigos músicos de MutenRohi. Canda a ela, Carlos Campos “Kakus”, Iván Salgado, Pablo Dalama, Loren Tabarés, Leonel Vignola e Luis Manuel Pérez completan a formación. O seu primeiro traballo, editado por Inquedanzas Sonoras, presenta dez temas nos que predomina o folk con compoñente vocal e toques pop que se deixan sentir no emprego do baixo ou da batería.

Gravado nos estudios Nocturnal Records de Ourense, o proxecto conta con colaboracións do gaiteiro Anxo Lorenzo, o percusionista David Outumuro e o quinteto de corda Aurum Ensemble.

Un concerto o vindeiro 24 de novembro no FNAC da Coruña servirá de presentación ao disco.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, FNAC, Pop, Anxo Lorenzo...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares